Cea Solidaria polo Día Mundial da Saúde Mental

Por: | Etiquetas:: , , , , | Comentarios: 0 | agosto 31st, 2015

Este ano o Día Mundial da Saúde Mental celebrarase baixo o lema Ponte no meu lugar, conecta comigo, que pretende facer un chamamento a sociedade para que se poñan nos zapatos dunha persoa con trastorno mental e camiñen con eles, sen dúbida, o mellor xeito de entender esta realidade.

Con tal motivo en APEM Cee e Vimianzo estamos a organizar unha cea solidaria co fin de sensibilizar sobre esta causa e co obxectivo de dar maior visibilidade ao traballo da entidade na Comarca Soneira – Fisterra. Contaremos coa colaboración dun gran profesional da comunicación como dinamizador da velada, o sorteo dunha foto doada por Marcos Rodríguez entre todos os asistentes e como broche final a actuación de Serj, compositor vimiancés.

Estamos moi emocionados con esta nova iniciativa e esperamos acadar os obxectivos propostos!

Cee-Cartel cea solidaria