Club de Lectura en Apem-Betanzos

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | agosto 8th, 2016

Comezamos en Betanzos unha nova actividade, o noso club de lectura que bautizamos como Club de Lectura Xururuca, facendo referencia ó primeiro libro lido he comentado no club Mi planta de naranja lima, de Jose Mauro de Vasconcelos. Nesta primeira xuntanza do club, falamos do autor, da súa biografía, da súa obra e en concreto desta, que narra feitos tan duros dunha forma tan sinxela e ó mesmo tempo profunda.

Para falar da trama, dos temas tratados e describir as personaxes optamos por escoller cada un unha delas e presentarnos ó grupo. Desta forma conseguimos analizar parte das relación entre as persoaxes do libro e sobre todo a relación entre o protagonista Zezé e a súa planta de naranja lima, Minghinho ou Xururuca, como o chamaba de xeito agarimoso.

No noso blog, Non só palabras, iremos presentando reflexións dos integrantes do club de lectura referentes ós libros que vamos lendo.

 

Betanzos 1 (1) Betanzos 1 (2)

Deja tu respuesta