Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Como cada ano o Concello de Betanzos organiza diferentes actos con motivo do Día Internacional da Muller. Este ano, contarán con dúas exposicións, unha novidosa ruta guiada por Betanzos “Betanzos en Feminino”, o concerto de  Femininoplural, charlas para alumnado de secundaria de prevención do machismo e a tradicional Xuntanza de Labores Artesanais, que acada a súa decimoterceira edición.

Esta xuntanza reunirá preto de cincocentas mulleres chegadas de diferentes lugares. Nesta edición, o Concello de Betanzos contou con APEM Betanzos para que sexamos os encargados da elaboración do agasallo que dará a cada unha das participantes desta xuntanza.

Sen desvelar o agasallo, decir que están a ser elaborados nos talleres prelaborais do CRPL de Betanzos dunha maneira totalmente artesanal de tal forma que cada un é único e irrepetible. Agardamos ilusionados o día da entrega e agradecemos ó concello que conte coa nosa aportación nesta celebración do Día Internacional da Muller.

Compartimos o enlace a un evento creado polo Concello de Betanzos en facebook que vimos moi interesante e no que todos e todas podemos facer a nosa aportación. Animádevos!!

https://www.facebook.com/events/431063520567507/

 

Betanzos

 

VOLVER