Para inaugurar este novo taller, o martes organizamos unha saÃda para visitar o Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Gozamos dunha visita guiada da man dun dos monxes beneditinos que leva no mosteiro dende o ano 2009. Grazas ás súas explicacións aprendemos parte da historia do mosteiro, da súa arquitectura e da vida diaria dos monxes. Ademais, tamén coñecemos sen querer información da historia betanceira, posto que o reloxo que actualmente está na Igrexa de Santo Domingo, na praza central betanceira, adquiriuse no mosteiro en poxa legal no perÃodo de desamortización de MendÃzábal.
Continuaremos realizando estas saÃdas co fin de fomentar o ocio saudable e a autonomÃa na busca do mesmo.