Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Betanzos 2

 

 

Esta semana estivemos no IES de Curtis e no CPR Nosa Señora do Carmen (Betanzos) co programa de sensiblización sobre saúde mental e prevención de conductas que afectan á mesma como por exemplo o consumo de tóxicos. O alumnado de ambos centros educativos amosaron interés na temática ademáis dunha participación activa que nos permitiu coñecer de primeira mán o seu punto de vista.

Das intervención feitas ata agora destacamos a desinformación sobre o concepto de saúde mental e ó mesmo tempo o feito de que califican erróneamente certas enfermidades como o alzheimer, o parkinson ou o síndrome de down,  como se fosen enfermidades mentais. Ademáis seguen a aparecer descripcións estereotipadas das persoas que padecen problemas de saúde mental co consecuente estigma asociado.

Por esta razón, atopamos necesario seguir traballando este tema co alumnado para despexar dúbidas e matizar coñecemos, tendo en conta que este colectivo forma parte activa da sociedade e que ésta desempeña un papel fundamental na mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental.

 

Betanzos 1

 

VOLVER