Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Hoxe tivo lugar no Concello de Fisterra a renovación do convenio que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) e o concello tiñan firmado dende o ano 2008.

No acto estiveron o Alcalde de Fisterra, Jose Manuel Traba, a coordinadora de Apem, Pety Vázquez, a traballadora social e a educadora familiar do concello, Montse Outes e María José Traba e a traballadora social e a psicóloga de Apem, Noelia Quintáns e Nerea González.

Formalízase este convenio de colaboración, para que mediante a combinación dos recursos e esforzos das dúas partes se promova o desenrolo de programas de intervención psicosocial con persoas con enfermidades mentais residentes no municipio.

 

20150506_110827

VOLVER