Correndo pola Costa da Morte

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | julio 12th, 2016

O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable. Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

E este ano quixeron contar coa presencia dos participantes dos centros dos CRPL  de Vimianzo e Cee para facer de reporteiros. Con todo o recollido faráse un video dos mellores momentos que se emitirá nunha gala ó final do circuito. Este domingo tocoulle o turno ó Concello de Muxía. Alí estivemos ilusionados, emocionados e orgullosos de representar a APEM, entrevistando a tódos aqueles que quixeron formar parte deste gran proxecto.

Temos que dicir que en todos os concellos os que estamos a asistindo a acollida non pode ser mellor, pendentes de nós en todo momento e axudándonos en todo o que precisemos.

Así que lembrade, se nos vedes por ahí estamos desexando entrevistarvos….Ánimo!!!!

IMG_20160712_091546 IMG_20160710_125302724_HDR