Curiosidades da fauna autóctona chegan a Betanzos
Saberíades distinguir unha serpe dunha víbora?
Coñecedes o que é a implantación diferida do óvulo que levan a cabo os corzos femia? É algo impresionante!!
Todo o mundo escoitou algunha vez ó cuco cantando….pero alguén o viu ou sabe cómo é en realidade?
Estas e moitas máis curiosidades nos desvelou o noso voluntario Javier Marcote, licenciado en bioloxía, mediante unha presentación audiovisual do máis entretida. Xurdiron moitas anécdotas, dudas e curiosidades que foron satisfeitas da maneira máis sinxela e comprensible para todos os que non temos coñecementos científicos…..Así, si nos gusta aprender cousas novas!!!
E a actividade continúa con unha observación ornitolóxica que realizaremos en breve, xa desexamos que chegue o día!!!