Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

En apem Cambre, no verán, cambiamos as catro paredes do polideportivo de Brexo –Lema e das instalación do noso centro, e saímos á rúa; concretamente ao paseo e aos xardíns do paseo marítimo da ría de O Burgo.

Aproveitando o bo tempo e os recursos da comunidade, damos longas camiñatas que se alargan ata a ponte da pasaxe, e xogamos ao fútbol nun campiño rodeado de árbores, que ademais de facer sombra (que tanto se agradece nos días calorosos), actúan, á  súa vez de porterías; e  todo con vistas ao mar. ¿Qué mais se pode pedir?

 

VOLVER