Día das Letras galegas

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | mayo 22nd, 2017

Esta semana, con motivo da festividade do 17 de maio, Día das Letras Galegas, tivemos unhas xornadas moi especiais en Apem Los Chopos. Non houbo talleres como comunmente os coñecemos senón que esta vez xuntámonos todos e todas para falar e festexar este día. Deste xeito, comezamos escribindo palabras en galego que nos gustaran ou que, dalgún xeito, significaran algo para nós. Desta actividade saíron verbas moi fermosas, pero, sen dúbida, a que máis éxito tivo foi “morriña”. Escollían “morriña” porque todos nalgún momento da nosa vida a sentimos e porque, ao fin e ao cabo, é algo que só as persoas galegas ou que vivimos en Galicia podemos entender. “Morriña” non se traduce, non se explica, simplemente se sinte. Tras isto, tivemos unha mesa redonda na que se trataron temas como o por qué do Día das Letras Galegas ou a razón de que sexa o 17 de maio. Ademais, un compañeiro dos Chopos, Moisés, ofreceuse a preparar unha exposición sobre Carlos Casares (autor ao que se lle dedica este día) e compartiu con todos e todas nós un poema dedicado a Carlos Casares escrito por el mesmo.Por último, rematamos o día creando un poema propio, comendo unhas galletas e escoitando música made in Galicia.

 

Chopos

Deja tu respuesta