O mércores 2 de marzo, un grupo de 5 alumnos do Ciclo Superior de Integración Social do CIFP Ánxel Casal, realizaron unha entrevista sobre os programas e accións específicas que a nosa entidade desenvolve no ámbito do emprego. A súa intención era coñecer de primeira man as posibles vías de inserción laboral para as persoas con diversidade funcional. Os profesionais entrevistados, Marcelino Esmoris, Educador Social do Centro Especial de Emprego, EMPREGO SOCIAL S.L., e Teresa Santos, Asesora Xurídica de APEM, explicarónlle con todo detalle, todas as medidas que se xeneran e a súa cobertura legal.
Os alumnos mostráronse moi interesados, facendo preguntas que reflexaban as súas inquedanzas por estos temas e tamén polo funcionamento de asociación. Para rematar fixeron unha visita as instalacións do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral da Coruña.