Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

 

O pasado mércores, aproveitando a semana científica e que os museos de carácter científico da Coruña (A Casa das Ciencias, O Domus e a Casa dos Peixes) eran gratuítos acercámonos ata A Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae  e poder disfrutar de toda a diversidade de peixes, moluscos e algas que atopamos nos diferentes espazos; ademais das distintas actividades interactivas e didácticas que nos ofrece dito museo. Tamén puidemos disfrutar dunha estupenda mostra de fotografía adicadas a animais e prantas, e como colofón final a visita das focas.

Aínda que o Aquarium xa o visitamos noutras ocasións, nunca nos aburrimos de velo!!

Cambre-VISITA AO AQUARIUM (1)Cambre-VISITA AO AQUARIUM (2)

 

VOLVER