En Carballo estamos xa cos preparativos para representar a obra de teatro que pensamos poner en escea con ocasión das Festas do San Xoan (Patronales de Carballo). Estamos a todo meter co atrezzo, cosendo vestidos, chapeos e pantalóns; arranxando o escenario e todo o necesario para esta vez ser unha de vaqueiros.
De todos é sabido a excelente ferramenta que é o teatro no ámbito da saude mental, onde a miudo as persoas presentan dificultades para manexar as propias emocións, sendo asà que nos permite expresar sentimentos, ideas , pensamentos etc.. Potencia o coñecemento do corpo e a voz, desarrolla a concentración, a memoria e favorece a comunicación. En resumen adquire un valor educativo moi importante xa que axuda a tomar conciencia a persoa da realidade que a envolve, traballanse Habilidades Sociais necesarias para a relación coas persoas e axudalles a desinhibirse.
Na obra que representamos, a enfermidade mental non está presente, o importante e o teatro, a música e a arte, anque os beneficios da actuación son evidentes e positivos. Unha vez posta en escea esperamos ver representada a obra en mais lugares e coñecida por mais persoas.