Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Como cada  último mércores de mes os participantes da tertulia do CRPL de Cee-Vimianzo puxémonos  mans a obra para preparar a entrevista. Nesta ocasión, co inicio do curso escolar quixemos  coñecer en profundidade un dos colectivos de gran importancia dentro dos centros educativos: as ANPAS.

Montse Canosa, secretaria da ANPA Uxío do Colexio Eugenio López de Cee, coordinadora das ANPAS da zona e Representante da Federación de ANPAS Galegas da Costa da Morte non dudou un intre en participar con nós.

Acudiu a visitar as instalación de APEM en Cee .  Alí  explicounos cómo chegou a formar parte dunha ANPA, cales son os obxetivos que pretenden conseguir, que actividades organizan, cal é a súa labor principal dentro dun colexio, o apoio que prestan a país e alumnos  e sobre todo como inflúen as novas leis educativas na formación do alumnado.

Finalmente, acudidos todos xuntos a emisora Radio Nordés de Cee a realizar a entrevista para que todos os oíntes poidesen coñecer o gran traballo que realizan as ANPAS dentro do Equipo educativo e da formación dos nosos fillos e fillas.

IMG-20161003-WA0000

VOLVER