Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

A semana pasada os chicos de APEM entrevistaron a Fernando Fraga Traba, Músico que entre outros moitos colaborou con grupos como Faltriqueira, Marful, Xabier Díaz, o grupo de Oscar Ibañéz e Tribo. Grabou en discos de Carlos Núñez, Pancho Alvarez e Oscar Ibáñez. No ano 2008, edita o libro-disco “A man lixeira … pezas para acordeón”, coa editorial DÚAS ACORDES, adaptando melodías tradicionais Galegas para o acordeón e acompañando o libro cun disco gravado polo autor.
Como compositor fixo música para varias obras de teatro da compañía “Talía Teatro” e sintonías para a emisora “Radio Nordés” da cadea Ser.
No 2014, publica o seu primeiro disco de Acordeón, “Folcromías”, que inclúe un repertorio variado, desde música barroca ata música tradicional Galega, pasando por tangos de A. Piazzolla e música orixinal escrita para bandoneón, actualmente dirixe a Escola de Música de Cee e foi moi moi emocionante e enriquecedor poder facer esta entrevista a unha persoa cunha traxectoria músical tan extensa, na que nos explicou o funcionamento da Escola de Música e a súa visión sobre diversos temas relacionados co apaixoante mundo da música.

Podedes escoitala aquí a partir do minuto 19:20

IMG_20160224_113623 IMG_20160224_111641 IMG_20160224_112141

VOLVER