Este mércores entrevistamos a Ánxela, unha vimiancesa de quince anos e a primeira aloitadora que participa na Rapa das Bestas de Vimianzo. Pode que sexa a primeira muller e a máis nova de toda Galicia en conseguir algo así.
Durante a entrevista contounos cales son as súas afeccións e obxectivos de futuro, sempre ligados aos animais e ao mundo equino; dende logo todos quedamos abraiados con esta rapaza e a súa naturalidade e queremos agradecer dende aquí que viñese a contarnos esta gran experiencia.