Entrevista mensual na Radio Nordés

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | agosto 3rd, 2015

Este mércores entrevistamos a Ánxela, unha vimiancesa de quince anos e a primeira aloitadora que participa na Rapa das Bestas de Vimianzo. Pode que sexa a primeira muller e a máis nova de toda Galicia en conseguir algo así.

Durante a entrevista contounos cales son as súas afeccións e obxectivos de futuro, sempre ligados aos animais e ao mundo equino; dende logo todos quedamos abraiados con esta rapaza e a súa naturalidade e queremos agradecer dende aquí que viñese a contarnos esta gran experiencia.

20150729_111838

Deja tu respuesta