Entrevista

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | febrero 1st, 2016

Como todos os mércores de finais de mes, os nosos chicos/as tiveron o pracer de entrevistar a Dolores Solano “ Lola” xerente da  librería Ler en Cee. Pasamos unha tarde xuntos na que nos contou a súa experiencia como libreira, a súa avaliación dos ámbitos de lectura e as diferencias que leva experimentado neste mundo ó longo dos anos.

Fíxonos descubrir o mundo apaixónante dos libros, a paixón pola lectura e todos os beneficios que esta nos aporta na nosa vida:  distracción, evasión, imaxinación, sensibilidade, mellora da memoria, aprendizaxe continuo, aumento de vocabulario, aumento da axilidade mental… entre moitas outras. Foi una tarde moi amena que fixo que o día seguinte a entrevista fora toda un éxito.

Dende aquí agradecémoslle a súa colaboración, tenrura e motivación que nos transmitiu.

Ademais poder coñecela a ela vainos permitir poñer en marcha un pequeno proxecto relacionado coa lectura que vos contaremos máis adiante.

IMG-20160129-WA0023