Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Como todos os últimos mércores de cada mes esta semana tocou entrevista na radio, tivemos o honor de coñecer máis en profundidade a un dos grupos musicais que máis está de moda na Costa da Morte “The Suffering”. O seu estilo é moi rockeiro e viuse reflexado en cada unha das respostas que nos foron dando ao longo da entrevista. Ademais transmitíronnos moitísima motivación e capacidade de perseverancia para conseguir cada un os nosos soños, xa que a súa carreira comezou como un pasatempo entre amigos.

Previo a entrevista pasaron unha tarde con nós onde poidemos coñecelos mellor e disfrutar  da súa música, dende aquí aproveitamos para agradecerlle de novo a súa visita.

 

foto entrevista

VOLVER