ENTROIDO 2015 EN APEM CARBALLO.

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | febrero 23rd, 2015

Como non foi festivo no pobo, celebramos o Martes de Entroido no CRPL, Os Chopos de Carballo con unha festa, onde  o prato forte foi un Concurso de Mascaras Venecianas.

As mascaras fóron todas elaboradas nos nosos Talleres baixo a guia de Mónica , a monitora de Foami, e servirón como molde as caras de cada un dos usuarios que o desexaron.

Carballo 1-mascara azul (1) Carballo 1-mascara azul (2)

Os usuarios que quixeron participar no concurso traballaron o longo dos días anteriores poñendo toda a sua creatividade e imaxinación en  decorar e personalizar a sua a fin de facer a máis bonita. Ganaron os mais orixinales, según  un xuiz imparcial axeno a APEM, que incluso chegou a preguntar se algunha  fora  mercada. Rematou o concurso con premios para todos os participantes.

Carballo 1-mascara azul (5)

Tuvemos ademáis merendola elaborada por  usuarios baixo a direción de Silvia: orellas, osiños, borrachos etc, todo en un martes cheo ademais de  disfraces e bailes en unha improvisada discoteca, onde usuarios e persoal disfrutamos de unha xornada de festa.

Carballo 1-mascara azul (3) Carballo 1-mascara azul (4)