Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado luns 8 de febreiro festexamos, un ano máis, a festa do Entroido. Como dudabamos en si facela pola mañá ou pola tarde, xa que a facíamos pola maña había xente que non podía asistir, e si a faciamos pola tarde pasaba exactamente o mesmo, decidimos tira la casa pola fiestra e facela pola mañá e pola tarde… para que todos os chicos puideran asistir a tal prestixioso evento, e houbo quen repetiu!

Así pois, disfrazadas  e maquillada das “Paquis” cantamos a nosa canción “Xa non podo mais”; bailamos ao son da música guaquetera e degustamos doces propios desta época: orellas, filloas, buñuelos…

En definitiva, foi un gran día, que recordaremos con alegría!

 

cambre Cambre-ENTROIDO 2016 (1) Cambre-ENTROIDO 2016 (2)Cambre-ENTROIDO 2016 (3)

VOLVER