Entroido

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | marzo 8th, 2017

Este luns os participantes dos CRPL de Vimianzo e Cee, acompañados de amigos e familiares celebramos a nosa tradicional festa de entroido.
Nesta ocasión trasladámonos ó Lonxano Oeste. Para elo foi preciso que durante os meses anteriores traballásemos nunha decoración que non deixou a ninguén indiferente. Había un salón propio do oeste, unha oficina do sheriff, o banco, unha pianola, e como non podían faltar as típicas portas daquela época, un tipy indio, un tótem…..o que che facía sentirte dentro dese mundo.
Ademais da decoración tamén contamos coas actuacións dos participantes de Cee e Vimianzo. Primeiro fixeron unha coreografía moi orixinal da famosa canción YMCA de Village People. A continuación versionaron co moito humor a canción de Shakira “la bicicleta”. Modificando a letra e facendo unha pequena reivindicación.
Nesta ocasión contamos coa colaboración dos nosos compañeiros de Apem Carballo que nos deleitaron cunha impresionante representación teatral “Unha de Vaqueiros. Non a mina” que nos levou máis se cabe ó Far West.
Para rematar as cociñeiras da Unidade residencial elaboraron un suculento picoteo ambientado no oeste no que incluían unha gran chocolatada final.

20170227_184449 (FILEminimizer)

Deja tu respuesta