O pasado mércores tocou visita ao cine. É certo que sempre imos o derradeiro mércores do mes, pero, ese día, 30 de marzo, non nos foi posible ir, así que o deixamos para o día 6 de abril.
A película que vimos foi «Hermanísimas», unha comedia americana típica que narra a historia de dúas irmáns que se reúnen na súa antiga casa de adolescencia e deciden facer unha gran festa antes de que os seus pais decidan vendela; como pasa sempre nestes casos, a festa acaba sendo un desastre.
O malo de ir “tan cedo” ao cine é que temos moita menos variedade dentro da parrilla de películas que están en carteleira; o bó, é que practicamente no hai ninguén nas salas e temos plena liberdade para escoller as mellores butacas!
Para o mes que ven mais!