Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Xa sabedes que os xoves temos taller de cociña, no cal elaboramos menús variados nutritivos e, para que negalo, moi saborosos!

Esta semana tocou pescado, e o fixemos dun modo diferente ao que estamos acoastumados, probando así diferentes receitas e técnicas e innovando de cando en cando.

Así que, tiramos do forno e elaboramos unha troita con verduriñas ao papillote acompañado dunha cama de patacas fritas  como prato principal,  tras tomar unha sopa quentiña de pescado con arroz, que agora neste tempo, xa mais otoñal que veraniego, presta ben.

Sinxelo, sabroso, económico e saudable; ideal para que os chicos o poñan en prácticas nas súas casas.

 

Culleredo

VOLVER