Esta semana, nos nosos talleres…

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | septiembre 26th, 2016

Nesta semana, na actividade de habilidades sociais estivemos facendo análise de textos de diferentes cancións  de amor /desamor do pop español.

A actividade consistiu en analizar a visión do amor en todas elas e o mensaxe que nos transmiten dando lugar a relación tóxicas. A través de escoitalas cancións e profundizar na súas letras chegamos ás diferentes conclusión e ideas clave:

  • O amor non debe basearse en renuncias e sacrificios, e non debe supoñer o abandono da nosa individualidade e o espazo.
  • Non se debe caer nos mitos do amor romántico (o príncipe azul, a media laranxa…)
  • A sociedade nos vende un amor idealizado, facéndonos crer que o amor verdadeiro é cego, e que por amor todo vale.
  • As relacións afectivas deben construídas dende a igualdade, sen celos, dependencias emocionais, faltas de respecto nin, por suposto, violencia.

Algunas das canción que analizamos en base aos mitos do amor romántico son as seguintes, se vos interesa tamén podedes analizar o mensaxe que venden.

-Nada valgo sin tu amor. Juanes

– Sin ti no soy nada. Amaral

– Contigo. El canto del loco.

– Tenía tanto que darte. Nena Daconte

– Ciega, sordomuda. Shakira

– Te espero sentada. Shakira

Estes son solo algún exemplos, pero a lista é tremendamente ampla. Mención aparte merecen  as cancións de reggeton e electro latino, as cales reproducen sexismo e machismo , e teñen moito que analizar

Por outro lado, no taller de manualidades, por fin rematamos o encargo mais complexo ata o momento, e que nos supuxo un verdadeiro reto.

Se trata dun fofucho ciclista, o cal non lle falta detalle:  casco, gafas de sol, maillot de licra con medias á xogo, e por suposto, a bicicleta! Ubicados nun pedrusco, como aparece o seu dobre na foto orixinal, que ata tivemos que ir un día á praia para buscala!

Xulguen vostedes mesmos, se e que estes rapaces son uns artistas!

 

Culleredo