Eu vivo nun piso de APEM en Carballo

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | junio 27th, 2017

Estou moi satisfeito no piso de Apem Carballo no que levo convivindo con 2 compañeiros desde hai uns 6 anos. Cada usuario temos que pagar polo banco unha cota mensual. Entre os meus compañeiros e  eu  temos unha boa convivencia, xa que  nos entendemos ben e normalmente non discutimos. Xunto coa monitora de pisos (Mónica) facemos a limpeza diariamente, desde os baños ate a cociña, sempre baixo a sua supervisión. A vivenda está equipada con números electrodomésticos, igual  que en calquer outra vivenda moderna, que nos axudan a facer a vida e as tarefas un pouco mais fáciles. No piso tamen contamos con un patio, onde hai un tendal para colgar a roupa, que  debemos limpar duas veces por ano. Os  tres usuarios do piso erguemonos sobre as 8:30 e despois de asearnos e vestirnos acudimos o CRPL no que pasamos a mañan hasta as 13:00 que regresamos o piso, donde comemos e descansamos hasta volver a acudir pola tarde o Centro, onde soemos estar hasta as 18:00 horas, en que nos retiramos a casa ou facemos aquela cousas que nos son necesarias como por exemplo ir  a compra.O final do dia acostumbramos a deitarnos sobre as 22: horas.

Ramón Gil Fernandez. Colaborador do CRPL de Carballo.

 

 

Piso

Usuarios de Vivenda alternativa realizando tarefas de limpeza no fogar.

 

 

Deja tu respuesta