Excursión a «Cidade da cultura»

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | diciembre 23rd, 2015

Era Xuño e en Apem Vimianzo levábamos unha tempada falando de facer unha pequena viaxe a Santiago e por fin chegou o día!Decidimos que de paso nos acercariamos ó outeiro onde se levanta a ¨Cidade da Cultura¨ e poder ver o que alí había. Pois ben, (ou non tan ben), este megalómano proxecto emprendido polo goberno de Fraga, seguido polo bipartito,e continuado polo goberno de Feijoo,aínda non está rematado,nin coido que sexa rematado con premura.

Alí chegamos nós coa ansia de ver este megaproxecto feito cos cartos de todos os galegos.

A cegas íamos,pois non hai sinais que indicaran a onde nos dirixiamos,en cambio si había vallas de obras por todos os currunchos. A obra de Peter Eisenman médranlle as herbas por case todo o chan.

Entramos no ¨Museo centro Gaiás¨ onde había unha exposición sobre o camiño de Santiago,na que para poder entrar había que pagar unha cantidade de cartos,para min é incomprensible porque a cultura debería ser gratuíta,decidimos non pagar,e investigar o que se podía albiscar gratis,nun edificio case baleiro.O que atopamos foi mais ben pouco.

Con isto entrounos a fame,e decidimos buscar unhas mesas para aliviar o noso apetito,mesas non había ,así que nos conformamos cuns bancos a beira dunhas vallas de obras.

Decidimos facer a dixestión na ¨Biblioteca e Arquivo de Galicia” onde nos atopamos con libros de todas as temáticas convivindo nas estanterías, libros en castelán, galego ou inglés enchían o espazo. Botamos unha ollada a algún deles e logo abandonamos o edificio un pouco confusos,quizais abraiados polos reflexos que as cristaleiras do edificio producían e nos impedía ver con claridade o ¨esplendor¨ da obra faraónica na que nos encontrábamos.A esta alturas eu o único que me preguntaba era se non habería mellor maneira de promocionar ou dar a coñecer a cultura galega,sen gastar en cemento,arquitectos,cristaleiras,tellados en curvaturas,vallas, pedra que recobre todos os edificios que foi extraída da serra do Xistral deixando un impacto ambiental tremendo , o mineral importado do Brasil.etc…¿facíanos falta todo isto?

 

Os participantes da excursión no ¨Museo centro Gaiás¨ onde había unha exposición sobre o camiño de Santiago

Os participantes da excursión no ¨Museo centro Gaiás¨ onde había unha exposición sobre o Camiño de Santiago

 

Lolo,