O pasado mércores un grupiño de chicos do noso CRPL viaxamos ata Santiago de Compostela e
nos mesturamos entre os turistas e os peregrinos.
O que nun principio segundo as condicións meteolóxicas Ãa a ser un tradicional dÃa
compostelán, nuboso e con chuvia, rematou sendo un dÃa caloroso, ideal para camiñar.
Ata alà nos desprazamos en tren, todo un éxito, xa que para moitos deles era algo novo ou
facÃa moitos anos que non viaxaban neste medio de transporte, e en media hora xa estábamos
na capital galega.
As paradas da excursión non podÃan ser outras que visitar a cidade vella, con entrada na
catedral, e camiñar polo parque da alameda, no cal aproveitamos para comer e pasar a tarde
relaxados na súa carballeira.
Quédanos pendetes a visita do museo do pobo galego, o famoso parque de Bonaval, e a
cidade da cultura.
Os chicos xa están desexando repetir e buscan novos destinos, iso si, viaxando en tren!