Éxito da celebración do Día Mundial da Saúde Mental en Betanzos

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | octubre 17th, 2016

A programación do Día Mundial da Saúde Mental en Betanzos este ano, contou cunha mesa informativa sita na Praza Irmáns García Naveira, unha andaina solidaria e o peche dos actos da man do escritor Antonio Tizón.

Todos as persoas que formamos parte do equipo de APEM Betanzos participamos na organización e implementación dos diferentes eventos.

Agradecemos ás voluntarias de Eroski Betanzos, Clara e Mónica, por organizar esta andaina solidaria a favor da nosa asociación e deixarnos participar activamente formando parte da organización prestando labores de apoio en ruta e avituallamento. Foron case 400 persoas as que decidiron celebrar con nós este día e colaborar coa súa aportación económica. O cheque final ascendeu a 1864 euros, destinados íntegramente ó mantemento e posta en marcha de actividades do C.R.P.L. Betanzos.

Como peche da xornada, o escritor Antonio Tizón leu para os asistentes o romanciño “Bipolar” ou “Son coma ti aínda que non o saibas”,  romanciño que publicamos no noso blog “Non só palabras”. Sorteouse tamén unha cesta de alimentos doada por Eroski Betanzos.

Destacamos deste Día Mundial da Saúde Mental en Betanzos, a SOLIDARIEDADE  e COMPROMISO das persoas que participaron e as entidades colaboradoras, grazas a eles, conseguíronse os obxetivos de visibilización da importancia da saúde mental e o fomento da integración social.

 

Betanzos 1 Betanzos 2

Deja tu respuesta