Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Os usuari@s e monitores do CRPL Os Chopos de Carballo, o venres pasado visitamos unha Exposición de Fotografía no Pazo da Cultura da localidade , posta en marcha polo Concello a través dos Servicios de Cultura. Tratase da Exposición Fotográfica Colectiva “Diferentes Miradas” procedente da Asociación Fotográfica “ O Potiños” (alcume de un fotógrafo do Carballiño). A exposición percorriu diversas localidades de Galicia e Portugal e agora tocoulle a Carballo, e claro como ven sendo costume para o nosos usuarios non perdemos a ocasión de disfrutar da cultura  e de paso participar en Actividades Comunitarias.

Os usuarios disfrutaron con ela, xa que as obras eran vistosas,e a temática variada,algunha mesmo parecía pintura según algunha opinión, mostrándonos a fotografía como arte e vehículo de comunicación.

Carballo-usuarios expos potiños Carballo-cartel exps. potiños

 

VOLVER