O pasado domingo 20 APEM Betanzos e APEM Cambre acudimos á feira do reciclaxe en Betanzos, situada na céntrica praza GarcÃa Hermanos, en horario de 11.00 da mañá a 20.00 da tarde.
Ata alà levamos o noso stand cheo das cousas que os chicos de Betanzos e Cambre realizan nos respectivos talleres prelaborais, moitos deles realizados con produtos reciclados, sendo fieis á temática da feira.
Coma en ocasións anteriores, a organización preparou un punto de recollida de alimentos non perecedoiros para doar ao banco de alimentos do concello e, por suposto, nós tamén quixemos colaborar ca causa.
A verdade é que foi un bo dÃa, porque facÃa unha temperatura estupenda, a praza estaba chea de xente  e os nosos produtos tiveron moita acollida e gustaron moito; asà que ¡que mais se pode pedir!
Só queda agradecer aos chicos que viñeron a colaborar, botar unha man, ou simplemente preocuparse por si necesitábamos algo, e por suposto, á organización que sempre conta con nós para este tipo de eventos.