Feliz ano!!!
Como non podía ser doutro xeito en APEM Cee deuse fin ao ano 2016 e recibiuse ao 2017 en amor e compañía como unha gran familia. Para iso non puido faltar unha boa cea de noitevella con langostinos, vieiras, carne… e como non, as 12 uvas e o brindis!
Os usuarios disfrutaron da cea cantando panxoliñas e contando diversas anécdotas e tradicións sobre o Nadal.
Unha vez recibido o ano novo os usuarios de APEM Cee esperaron con ansias o día de Reis, e tan ben se portaron que a fermosa árbore de Nadal apareceu repleta de regalos como reloxos, cámaras de fotos, perfumes, roupa, etc., e por suposto, chea de bos desexos para todos!
E como no 2016, neste novo ano seguiremos cheos de enerxías realizando novos proxectos e disfrutando do día a día.