Feria da reciclaxe

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | agosto 10th, 2015

O pasado domingo 2 de agosto celebrouse na explanada de O Burgo a Feira da Reciclaxe, e dende o noso CRPL, non quixemos perder a oportunidade de participar; así pois, collemos os nosos bártulos e montamos un stand amosando as cousiñas que fan os chicos nos talleres prelaborais; moitas delas están feitas con materiais reciclados como botellas de plástico, cartóns de leite, papeis de periódico…

Na feira, tamén había animación para todos os públicos, cantautores, talleres de manualidades e hinchables para os mais cativos.

Tamén  recollían alimentos non perecedoiros para doar ao banco de alimentos do Concello de Culleredo; polo que dende aquí tamén quixemos colaborar ca causa, e os chicos traían a súa apartación ao centro, ou a levaban directamente alí! Houbo quen levou un carro enteiro!!

Agradecer dende aquí  a organización do evento por contar con nós, aos chicos e familiares que se acercaron ata alí nunha calorosa tarde de domingo e sobre todo, aos chicos que nos axudaron a montar e desmontar o stand e estiveron pendentes de que todo estivese en orden. Moitas Grazas!

 

Cambre 1 Cambre 2

Deja tu respuesta