Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Feria do Libro e Artesanía:

A pasada semana un grupo de rapaces de Apem Culleredo acercámonos ata A Coruña para visitar á feira de Artesanía e do Libro, nas casetas que se atopan nos xardíns de Mendez Nuñez; ademais de observar as cousas tan bonitas que fan os diferentes artesáns, coller algún recorte para os nosos talleres e fichar as  vindeiras lecturas que temos pensado ler, tamén caeu algunha que outra compra, algún caprichiño para nós ou un agasallo para a familia, por que a verdade, non se pode negar, de que somos bastante detallistas =)

Tal é como leva acontecendo todo o verán, o tempo acompañounos e pasamos unha xornada moi agradable.

 

Culleredo 1

 

 

Olimpiadas APEM:

As Olimpiadas de Río se quedan en nada comparadas cas nosas! A pasada semana organizamos no noso CRPL as “Olimpiadas Apem” que consistía na realización de diferentes modalidades deportivas olímpicas adaptadas “ao noso xeito”.

Tivemos uns partidos moi reñidos nas seguintes modalidades: pin – pon, atletismo (carreira de relevos e carreira con obstáculos), bádminton , tiro ao prato e lanzamento de peso.

Non faltou detalle, nin a cerimonia inaugural co seu típico desfile, nin a cerimonia de clausura nin por suposto as medallas de ouro, prata e bronce que os nosos deportistas gañaron con moito esforzo!

Un gran día que quedará para o recordo, no que nos quedamos ca deportividade entre participantes, o respecto mutuo entre rivais e o compañerismo como pilares principais!

 

Culleredo 2

VOLVER