Festa da familia
Este sábado día 28 de maio, o CRPL Culleredo e Emprego Social SL organizan no pavillón Sofía Toro de Cambre unha xornada de convivencia para traballadores, usuarios, familiares e amigos que queiran acudir, para coñecernos, compartir experiencias e pasar un bo rato todos xuntos.
A xornada vai consistir nun xantar amenizado por un grupo musical, diferentes actividades para os participantes e algunha que outra sopresa mais!
Todo isto, por un módico prezo de 3 euros, os nenos entran de forma gratuíta….
Estamos impacientes por que chegue o día, xa vos iremos contando!!!