Festa de Nadal

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | diciembre 28th, 2015

O pasado mércores 23 de Xaneiro en Apem Cambre festexamos a nosa particular festa do Nadal, na que non faltou de nada; así pois, nun primeiro momento estivemos vendo varios vídeos e fotomontaxes de todos os integrantes do noso CRPL caracterizados con motivos  de Nadal, e posteriormente un vídeo que resume o vivido neste ano 2015 que está por finalizar, feito por unha das nosas usuarias, Cris, a quen lle estamos moi agradecidos.

Tras isto, comezaron os xogos cooperativos e o bailoteo con música de todo tipo, e o sorteo de dúas cestas de Nadal con alimentos típicos destas datas.

Non faltou a merendola tradicional e a chegada de Papá Noel cos regalos para todos, vese que este ano os chicos de Apem portáronse moi ben!

Nadal

Deja tu respuesta