Festa de Samaín (II parte)

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | noviembre 9th, 2015

E seguimos de resaca da festa de samaín que celebramos o pasado venres 30 de outubro! Debido a que o quixemos facer ao grande que nos sobrou moitísimo comida monstruosa que aínda a estamos a dixerir.

Para elaborar estes manxares, primeiro buscamos as receitas na web e despois nos improvisamos unha cociña nun recunchiño e nos puxemos mans á obra: cada un de nos colaborou e trouxo algún ingrediente: pan, fiambre; ovos cocidos, patacas fritas, galletas, carne ou pan para facer mini hamburguesas…ademais da bebida.

A decoración tamén foi un traballo en equipo, entre todos, elaboramos fantasmas, meigas, ratos e gatos e como non, non podían faltar as calabazas e os morcegos!

E por suposto, recomendábase vir disfrazado e ambientado na temática en cuestión; polo que por aquí rondaron personaxes de todo tipo, meigas, zombis, monstruos, vampiros e piratas; que culminou cun concurso de disfraces no que o vencedor (un malvado pirata con parche e loro incluído)levouse de agasallo unha axenda!

Foi un día diferente,pero moi ameno, xa que o pasamos de medo!!

collage 1 collage 2 collage3