Festa do Entroido (parte II)

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | marzo 6th, 2017

Como ben vos explicamos a semana pasada, na nosa festa de Entroido non faltou de nada… e coma toda boa verbena, non podía faltar o “bochinche” composto, como non podía ser doutra forma, por doces propios destas datas.

Filloas, rosquillas, orellas e buñuelos… todos caseiros, todos feitos por nós nos nosos talleres de repostería e de cociña, e todos boísimas, porque non quedaron nin as migas… así que como vos imaxinades, ese día si que nos puxemos “mans á masa” .

Prometemos voltar á repostería saudable cedo, que despois de tanto “evento” o corpo nos pide un pouco de calma!

 

Culleredo