Festas de San Roque

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | agosto 22nd, 2016

Un ano máis de tantos, os compañeiros de Betanzos asistimos as festas de San Roque para celebrar os festexos  que teñen lugar dende o século XIX. Durante unha semana, do 14 ao 25 de Agosto, ambos inclusive, realízanse diferentes actos de carácter tradicional e relixioso en conmemoración do patrón da nosa comarca.

Un dos días máis relevantes foi o martes, día que se centrou no lanzamento do “Globo de Papel” e este xoves “Os Caneiros”. Celebracións nas que ten cabida todo tipo de público e por ende desfrutamos de tan diversas actividades e actos ao mesmo tempo que gozamos da decoración e o ambiente de esmola das rúas betanceiras.

 

Betanzos

Deja tu respuesta