Como ben sabedes, en APEM Betanzos apostamos polo fomento da lectura a través do noso clube. Nas nosas reunións periódicas comentamos, valoramos e intercambiamos opinións sobre obras de diferentes temáticas e autores/as. Ata o de agora os títulos que limos foron:
- Mi planta de naranja lima de José Mauro de Vasconcelos
- El adversario de Emmanuel Carrère
- Un tranvía en SP de Unai Elorriaga
- Sabor a chocolate de José Carlos Carmona
- Prisioneros en el paraíso de Arto Paasilinna
- La noche en casa de José María Guelbenzu
- La maldición de Hill House de Shirley Jackson
O próximo título polo que nos decantamos é El amor del revés de Luisgé Martín, autobiográfico, “un libro sobre a homosexualidade, pero tamén unha reflexión sobre a identidade, as dobles vidas, o engano, as rarezas que nos conforman, a necesidade de amor e aceptación social, a rebeldía e a toma de conciencia” (crítica de Sara Mesa).