Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado mércores, fomos a visitar o que serán as nosas novas instalación, e ver como está quedando todo, tras as reformas pertinentes.

Para que a visita non fose unha ruta sen mais, quixemos ir mais alá, e organizamos unha gymkana por toda a casa rosa, na que, por equipos (o equipo vermello, e o equipo rosa) tiñan que ir atopando pistas polas habitacións desta, e facer unha serie de probas para pasar á seguinte pista. O equipo gañador sería recompensado cun “tesoiro” que neste caso era unha caixa de galletas, que todos, tanto vencedores coma vencidos, saborearon no fantástico xardín.

Sen dúbida foi un día diferente e divertido, e podemos dicir, que xa estreamos o noso novo centro.

Cambre-GYMKANA (2)Cambre-GYMKANA (1)

 

VOLVER