Hoxe…Día Mundial da Saúde Mental
Hoxe, 10 de outubro, é o día Mundial da Saúde Mental, e por iso temos que festexalo!
Levamos parte da semana traballando a prol deste día; o mércores 5 de outubro asistimos ao Museo de Arte Contemporáneo, para participar no 4º aniversario do teatro social Lusco e Fusco e compartir e participar no acto que organizaron para conmemorar este día.
Tamén participamos na campaña de sensibilización de Feafes Galicia #eunonteñoprexuizos para levantar falsos mitos sobre as persoas con enfermidade mental.
Para hoxe, temos preparado un acto onde os chicos lerán un manifesto no cal reivindican os seus dereitos , e a súa visión de cómo está a sociedade e que aspectos se deberían mellorar.
Por último, escribiremos nuns globos de cor verde (verde apem, pero tamén verde esperanza) qué queremos conseguir, para despois botalos ao aire.
Porque non hai que esquecer que: Somos coma ti, aínda que ti non o saibas!