II LEGUA IRMANDIÑA

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | junio 20th, 2016

Acércanse as datas da celebración do asalto ó Castelo no concello de Vimianzo, e

dentro da programación dos actos este ano como elemento innovador tivo lugar

unha carreira integradora da que APEM foi colaboradora. A carreira enmarcouse

dentro da chamada LEGUA IRMANDIÑA na que participaban diferentes categorías.

legua

Eran as nove da noite cando cerca de 50 persoas de APEM

(usuarios,amigos,traballadores…) dos centros de Cee,Cambre,Carballo e Vimianzo

nos reunimos na praza para xunto cos compañeiros da asociación INTEGRO

prepararnos para a carreira. Recollida de dorsais, estiramentos grupais, risas

nerviosas… o típico antes dunha carreira! 3,2,1 comezamos a ruta saíndo cos

corredores de 5,5km e a emoción foi máxima! Chegamos todos a mesma meta e o

ambiente e a animación do público fixeron que nos sentísemos tremendamente

orgullosos de nós mesmos, vai ser certo iso de que o deporte mellora o estado de

ánimo e máis se é en equipo. O gañador da nosa carreira foi Marcos Traba e

pisándolle os talóns Manuel Moreira ambos de APEM!

Fruta, agua, bocatas e algún que outro pincho nos estaban esperando cando

chegamos a meta! Unha vez recuperamos a respiración comezou a entrega das

medallas ós gañadores e ás asociación que participamos, medallas que nós mesmos

fixemos no taller estas anteriores semanas.

Sen dúbida foi unha velada incrible que nós axudou a corrobar que se queremos

podemos! e mentres esperamos a novas oportunidades como esta seguiremos

entrenando duro!

20160617_19085520160618_21430320160618_222511

Deja tu respuesta