Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado mércores día 27 de abril estivemos de festa en Apem Culleredo, xa que, por fin inauguramos o noso novo centro, A Casa Rosa.

Á inauguración, ademais de acudir persoal interno de Apem, membros da Xunta Directiva, Coordinadores, Directores e,por suposto,  a Presidenta, tamén disfrutamos da presenza de membros da corporación municipal do Concello de Culleredo, encabezados polo seu alcalde, Julio Sacristán, así coma tamén dos concellos veciños que non quixeron deixar pasar a oportunidade de ver, de primeira man, no que se converteu esta preciosa casa de estilo indiano tras unhas intensas reformas para dar lugar ao noso centro, o CRPL Sara Vázquez.

Tamén contamos ca presenza de persoal técnico doutras asociacións do Concello de Culleredo e da bisbarra.

Estamos moi satisfeitos, porque tras os emotivos discursos deu lugar a visita do noso centro, e a sensación xeral é que gusta moito o cambio, e gusta moito o CRPL.

Para finalizar, o evento culminou ca invitación aos asistentes a un delicioso catering , que aproveitando que a chuvia nos deu unha semaniña de tregua, os desfrutamos no marabilloso xardín  que forma parte das instalación da Casa Rosa.

 

Culleredo

VOLVER