Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Hoxe, tan perto da conmemoración do día mundial da saúde mental, fago repaso ós meus recordos, á miña experiencia coa enfermidade, ó meu camino pola saúde mental, e achégase ó meu recordo a persoa de José Luis Muruzábal Arlegui:

¡Qué gran home era o noso presidente!, tiven a oportunidade de cruzar unhas verbas con el nunha ocasión na que se achegou a Carballo para ver unha representación dunha obra de teatro que facíamos no centro de APEM que se titulaba “O xuizo do Cucutruxo”. Nunca dubidei de que fora un home cercano e preoupado polas persoas con enfermidade mental, pero nese momento tamén me decatei de que tiña unha sensibilidade polos débiles, por tódalas persoas necesitadas.

Era ademáis unha persoa que sen medo, sempre moi respetuoso, se achegaba ante as administracións para solicitar axuda para a nosa entidade,  en definitiva para nós,  e sempre acadaba algo positivo; claro que con esas ideas firmes e claras sobre o mundo da enfermidade mental era complicado negarlle, por decilo de algún xeito, “un pedaciño de pan” para a asociación da que formo parte, da que me sinto moi orgulloso, onde teño o meu lugar, e coma mín os meus compañeiros.

Onde estés… contigo a morte!!, sempre estarás no meu… no noso pensamento.

Gracias Muru.

 

Asdo: Manuel García Rama

 

Colaboradores /

 

 

VOLVER