Nun dos paseos terapéuticos que facemos (non pensedes que imos pensando nas nosas cousas, tamén vamos observando) ó lado do noso centro atopamos lúpulo, claro está que xa sabíamos que o había. Está nas inmediacións do chamado “Secadero”, un edificio que fai anos albergou a colleita de lúpulo da zona. Logo entrounos a curiosidade e vamos seguir investigando sobre este tema. Algún de nós viveuno de pequeno, vendo á súa avoa recolectándoo…Dende logo é un tema interesante para seguir profundizando. Deixamos o enlace a unha noticia que fala do tema.
http://www.mundohr.com/la-cosecha-del-lupulo-en-galicia-alcanza-los-2-500-kg/