Mans á masa!!

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | marzo 28th, 2016

Este mes comezamos un novo taller de respostería!! As tardes do mércores serán mais amenas e doces a partir de agora.

Como bós cociñeiros primeiro de nada estudiamos a receta e calculamos as cantidades necesarias para así de forma conxunta elaborar a lista da compra. Despois de averiguar os prezos en diferentes folletos publicitarios mercamos no supermercado que mellor oferta tiña.

Con todo xa listo tan só quedaba poñernos a traballar e así o fixemos. Dividímonos en dous grupos distintos e coa axuda dunha pesa fomos engadindo os ingredientes. Unha vez preparada a masa tocaba facer as formiñas e ó forno! Mentres agardábamos a que as galletas se cociñasen fixemos reparto de tareas e entre todos recollemos,lavamos e secamos todos os materiais empregados.

Unha vez sonou a alarma do forno quitamos a bandexa e… o final xa non fai falta que o contemos!!!

Tarde de ocio e de actividades da vida diaria dunha forma divertida e golosa!

 

Vimianzo