Con este nome, imposible non achegarse á exposición de Carme Romero en Betanzos. A mostra cerámica, con influencia de Isaac Díaz Pardo, amosa pezas “cun mundo común con él, pero cunha forma diferente. Díaz Pardo modelaba o ollo limpo e claro, exipcio; Carme mételle o interrogante da nosa mirada….Interpreta o don que poden ter certas mulleres, mulleres boas, meigas ou bruxas desde unha perspectiva actual que corrixe culturas machistas e asasinas que fronte ao superior actúan co medo, o prexuízo, o fanatismo e u odio:a cobardía. E matan…hai unha personalidade intensa nas mulleres de Carme”(crítica de Lois Diéguez). Coñecemos así, a obra de dous artistas, comentamos e sentimos, que é como se deber “ver” unha exposición.

