Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Rematada a Campaña do Mentalízate en Betanzos, toca avaliar os resultados obtidos do proxecto de sensibilización.

Este ano, ampliamos os centros educativos e acudimos ó IES Francisco Aguiar, ó CPR Nuestra Señora del Carmen (Atocha) ambos en Betanzos,  e ó IES de Curtis. En total, 190 alumnos e alumnas participaron nas sesións realizadas nos centros educativos, nas que adquiriron coñecementos básicos sobre o que é a enfermidade mental que lles permitirá tomar decisións responsables e informadas acerca de certas conductas de risco (consumo de tóxicos) e a súa relación con problemas de saúde mental. Ademáis, informándose, conseguen eliminar esas falsas crenzas acerca das persoas con problemas de saúde mental, o que permite reducir o estigma social das mesmas.

Como conclusión desta Campaña 15-16 do Mentalízate podemos destacar a raíz dos cuestionarios previos e posteriores ás sesións:

–          Falta de información básica: altos porcentaxes de preguntas que o alumnado non contesta

–          Existencia de estereotipos: seguen a contestar en base a imaxes estereotipadas das persoas con problemas de saúde mental, sobre todo relativas á relación errónea coa discapacidade intelectual e co feito de que as consideran persoas violentas que deben estar internas en institucións.

–          Confusión entre enfermidade mental e outras. As máis citadas: Alzheimer, Síndrome de Down, Parkinson, Autismo e Discapacidade Intelectual

–          Asociación directa entre enfermidade mental e discapacidade intelectual

–          Reticencia a considerar a enfermidade mental como calquer outra enfermidade que poda ser tratada e estabilizada e que así nos permita levar unha vida normalizada

 

Os resultados obtidos tralas sesións reflicten que o alumnado asimilou información básica acerca dos problemas de saúde mental, as súas causas e cómo previlos. Ademáis, axudamos a que modifiquen os estereotipos respecto das persoas que teñen problemas de saúde mental para reducir así o estigma.

Temos que agradecer ó alumnado e profesorado dos tres centros educativos a súa participación activa no programa Mentalízate e os bos resultados obtidos dos que son responsables.

 

Betanzos

 

VOLVER