Non quererás unha rifa!?

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | noviembre 24th, 2014

Entramos no supermercado e os turróns e os polvoróns xa están na entrada!é un sinal claro de que xa están aquí as festas do Nadal. Son unhas datas que removen, dun xeito ou outro, en todos nos uns fortes sentimentos. Por iso, nos centros de Cee e Vimianzo e sobre todo na residencia de Cee intentamos facer que se sintan como en casa, queridos e valorados.

Este ano todos se portaron moi ben polo que os Reis Magos están na obriga de ser xenerosos cos seus regalos. Así que, os profesionais puxémonos mans á obra e estamos vendendo rifas para o sorteo dunha preciosa e completísima cesta navideña!e cos beneficios derivados da súa venda poderemos comprar regalos para todos os usuarios da residencia. Debemos aproveitar xa para agradecer a toda a xente que está colaborando porque en tan só un par de días que levamos vendendo o balance é mais que positivo. Grazas por axudarnos a pintar un sorriso na cara dos nosos chicos.

 

Foto Vimanzo y Cee

Deja tu respuesta